Ola rapazada!
Desde a nosa comunidade educativa queremos felicitar a todas a mulleres neste día, e sumarnos ás celebracións que hai por todo o país.
Ademais levamos a cabo diferentes actividades no noso cole...
Visitounos Isa, unha veterinaria que nos deu a coñecer o seu labor e nos ensinou diferentes instrumentos de traballo incluindo radiografías.
Preparamos un mural coas mulleres mulleres máis importantes das vidas dos nosos alumnos e alumnas.
Realizamos unha selección de material ...
Expuxemos unha colección titulada BRAVXS na que se pode consultar a información relacionada co traballo de mulleres pioneioneiras en todos os ámbitos do coñecemento.
Algunhas aulas fixeron diademas e pulseiras...
Desfrutamos dun contacontos ofrrecido polo grupo POLO CORREO DO VENTO, sobre Ernestina Otero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario