Ola rapazada!
O alumnado de 1º e 2º de primaria participou no Ficandaina 2022. Visitamos o multiusos de Redondela onde visionamos unha peli chamada "Valentina" na que a protagonista, con síndrome de Down, facíanos ver a realidade á que se enfronta unha nena no seu día a día dunha maneira moi tenra.
O obxectivo é visibilizar a diversidade. Despois da peli asistimos a unha charla-coloquio con Miguel, unha persoa que perdeu a movilidade das pernas debido a un accidente laboral.
A rapazada tiña tantas preguntas que case rematou sendo unha entrevista. Marabillosa curiosidade.
Logo merendamos no parque e desfrutamos dunha fabulosa mañá de primavera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario