BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 28 de noviembre de 2022

25 NOVEMBRO

 Ola rapaces e rapazas.

Como estes anos anteriores queremos darlle a este día a importancia que merece e facer visible, desde a nosa comunidade, o noso compromiso en contra da violencia contra as mulleres.

Organizamos actividades no patio que inclúen plantar pensamentos no noso Xardín das Lembranzas, un por cada muller asasinada, e atar un lazo no muro da escola por cada unha delas.

Sumámonos a proposta do Observatorio galego contra a violencia participando cun minuto de silencio ás 12:00h e , a continuación o alumnado de 5º e 6º de primaria leron un manifesto redactado por eles mesmos rexeitando claramente actitudes machistas e violentas.

 Logo, no salón de actos, disfrutamos da emotiva representación teatral de parte do alumnado de 6º "Son só miña", traducida e adaptada por eles mesmos dun conto titulado "Soy solo mía". A obra quedou espectacular grazas ás nosas actrices e actores. 

 Por último visionamos o videoclip "Xuntos somos máis" protagonizado polo alumnado da nosa escola. 












No hay comentarios: