Ola a todos e todas!
O alumnado de 5º e 6º de primaria, en relación ao noso proxecto de centro "O paso do tempo" realizou un pequeno traballo de investigación sobre os diferentes homes e mulleres que recibiron o Premio Nobel da Paz .
Plasmaron o seu traballo neste precioso mural
Todo o alumnado visitou o mural mentres que os seus autores lles explicaban quen era cada personaxe e porqué rebiron o premio.Durante o recreo xogamos cos escornabots cun xogo de preguntas sobre estes premios Nobel
Despois do recreo a rapazada protagonizou unha manifestación enarbolando carteis e cantando consignas pola paz. Por últimos cantamos unha versión en lingua galega de IMAGINE acompañados pola música que tocaron algúns mestres
Compartimos un día marabilloso.
BICOS E APERTAS✌
No hay comentarios:
Publicar un comentario