Ola rapazada!
Este mércores 8 de marzo disfrutamos no noso cole de diversas actividades relacionadas coa celebración deste día.
As nosas actividades están orientadas a facer visible o traballo de moitas mulleres pioneiras en diferentes ámbitos culturais e científicos ao longo da historia e a falta de recoñecemento do seu labor por parte da sociedade.
Asistimos a unha representación teatral do libro Daniela Pirata, adaptada e traducida á lingua galega.
Eliximos este conto porque pon de manifiesto dun xeito moi claro a inxustiza que sufren cada día moitas mulleres polo feito de ser mulleres.
Escribimos as nosas reivindicacións no MURO DA IGUALDADE realizamos un mural cos debuxos e os nomes das mulleres máis importantes das nosas vidas.
Desfrutamos moitísimo deste día grazas, sobretodo, as e os artistas que temos na nosa escola.
Grazas alumnas e alumnos de 6º💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario