Ola rapazada!!!
Hoxe o noso alumnado de primaria participou, xunto con outros centros educativos de Redondela en ESPALLANDO TINTA para compartir con outros alumnos e alumnas do noso concello as nosa producións literarias en lingua galega.
Levamos contos, relatos, fábulas, poemas, pequenas investigacións, traballos de aula e traballos feitos entre todos os cursos.
Tamén disfrutamos dos traballos de outros nenos e nenas.
O evento foi organizado pola biblioteca do CEIP de Cedeira en colaboración co concello de Redondela, que amenizou a xornada cunha actuación musical.
Pasámolo fenomenal.
Grazas por este día tan ameno e divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario