BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 15 de mayo de 2023

24 Festival de Títeres de Redondela

 Ola rapazada!

Outro ano máis imos ao Festival de Títeres de Redondela.

Co gaio da Semana das Letras Galegas aquí temos outra das actividades culturais programadas para esta semana.

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de EP desfrutamos do fabuloso espectáculo musical de Rui Sousa. Con este artista fixemos un percorrido polas diferentes culturas do mundo a través da música. Fados, samba, capoeira, rock... Marabilloso.

Aproveitamos tamén para merendar e xogar no parque.



No hay comentarios: