BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

martes, 16 de noviembre de 2010

VISITA DE “ PEPA DOS CONTOS ” Á BIBLIOTECA

O martes, 9 de novembro, acudiu ao noso Centro, a petición da Biblioteca Escolar, “ Pepa dos Contos ”, unha avoa de varios ex-alumnos do noso Centro que, xa hai anos, acudirá a relatar contos e historias. A visita demostrounos que unha persoa próxima a todos nós pode ser unha excelente conta contos afeccionada. O obxectivo era animar ao noso alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria a erixirse en protagonista destes contos e relatos:
“Antón e o apalpador ” é un album infantil ambientado no tempo do Nadal sobre a figura dun personaxe tradicional orixinario das montañas do Courel. A conta contos acompañouno cos sons dunha cantiga.
“ Dona Carme ” é un conto adaptado procedente da tradición oral. A súa estructura acumulativa e o seu ritmo fan que sexa apegadizo e doado de aprender para os nen@s.
“A que sabe a lúa?” é unha historia de desexos que parecen – a primeira vista – inacadables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación e a axuda mútua.
Rematada a sesión “ Pepa dos Contos ” asinou no Libro de Honra da Biblioteca.

No hay comentarios: