A Biblioteca, como unha actividade máis de cara á dinamización da mesma entre o alumnado do Centro, convocou, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un concurso para escoller a mascota da Biblioteca.
O concurso desenvolveuse a partir doutro proxecto que tradicionalmente se ven levando a cabo, como é “Imaxina, debuxa e constrúe”, que consiste en elaborar e construír figuras en tres dimensións a partir de materiais de reciclaxe, co que se traballa co alumnado a necesidade da conservación do medio ambiente.
Os participantes no concurso debían facer a súa mascota, ben individualmente ou ben en equipo con outros compañeiros/as, e coa axuda das familias, utilizando teas, la, pallas de cores, cartón, papel, plásticos… e poñéndolle un nome en galego.
A participación foi moi ampla, con corenta e cinco traballos do máis variado, tanto nas figuras como nos materiais empregados, sendo todos eles moi orixinais, con propostas moi conseguidas e froito dun proceso de creación moi elaborado. Así, figuras de animais como tartarugas, ratiños de biblioteca, vagalumes, serpes, etc. mesturáronse con pallasos, espantallos, fadas, robots, libros ou trens de lectura.
Con todas elas fixemos unha Exposición, no recibidor da entrada, que vos invitamos a ver.

No hay comentarios:
Publicar un comentario