De entre todos os participantes escolleuse a “Mascota oficial” da Biblioteca escolar, resultando gañadora “A Tartaruga Saínza”, de Yoel, de tres anos e familia.
Dada a calidade dos traballos, o xurado decidiu conceder, ademais, dous accésits, que recaeron en “Un libro de nome Ledo”, de Diego, de 3º de Primaria e familia, e no “Verme Bubu”, de Araíz, de 5 anos, e familia.
Todos eles recibirán un agasallo da Biblioteca, en forma de libros. Felicidades aos gañadores.
A mascota gañadora foi elaborada cos seguintes materiais:
- Un bol que se encheu con escaiola cirúrxica, facendo de cuncha, e cartón ondulado, papel, fieltro e musgo artificial para recubrila.
- Pranchas de escuma para o recheo de cabeza e patas.
- Anacos de tea para a cobertura exterior de cabeza e patas.
- Cable para a suxección e para os anteollos da tartaruga.
- Carpetas de cartón vellas pintadas, adhesivos e pasta de cociñar para facer e adornar os libros que a tartaruga leva enriba da cuncha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario