O escritor galego Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1.947), mestre de EXB e profesor de Instituto, foi galardoado co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. O xurado do certame destacou do gañador o "seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil en lingua galega", destacando tamén a súa extensa obra narrativa, que aborda gran diversidade de xéneros e temas.
Agustín Fernández Paz gañou anteriormente premios tales como:
- Premio Lazarillo por "Contos por palabras".
- XX Premio Edebé con " A escola dos piratas".
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por " O único que queda é o amor".
Comprometido coa defensa do galego, Fernández Paz afirma que escribe nesta lingua por ser aquela na que se desenvolve a súa vida cotiá. O escritor publicará nos próximos meses "Pantasmas de luz" e "As fronteiras do medo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario