
Nesta ocasión recibiremos, en total, para a Biblioteca Escolar, 7.650 € para gastos en:
- Fondos bibliográficos: 1.800 €.
- Equipos informáticos: 2.500 €.
- Mobiliario: 3.000 €.
- Gastos funcionamento: 350 €.
Isto é froito do traballo desenvolvido no curso pasado polo Equipo de Biblioteca e por todo o Colexio que secundou as súas iniciativas e, tamén, grazas ao ambicioso proxecto que presentamos para levar adiante no actual: "Ondas do mar de Vigo: A Ría dos tesouros", co que estudaremos e investigaremos a ría de Vigo e o seu entorno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario