BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 30 de octubre de 2011

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS CUN MARATÓN DE LECTURA

O 24 de outubro é o “Día Mundial das Bibliotecas Escolares”  e nós celebrámolo facendo un MARATÓN DE LECTURA no colexio.

 Na Biblioteca  lemos textos sobre a Ría de Vigo (tema do Proxecto deste curso) ou sobre o mar, en xeral, seleccionados das lecturas da exposición acabada de montar: "Un mar de libros".

 Cada mestre/a organizou a orde e a duración da lectura dividindo o tempo adxudicado entre o nº de alumnos/as para que participen por igual.

Os libros escollidos foron:

-"O pirata Metepata" ( 3 anos).
-" O pirata Pata de Lata" (4 anos).
-" O pescador e a súa muller" (5 anos).
-"El pez Fernando" e " Coas mans baleiras" (1º de Primaria).
-"El pez Fernando"e"Os Bolechas: A Coca de Redondela"(2º).
-"Os Bolechas: Unha sortella no fondo da ría de Vigo" (3º).
-" El barco del abuelo" (4º).
-"Un polbo xigante" (5º).
-" ¿Cómo eran los vikingos? " (6º).
.

No hay comentarios: