BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 30 de octubre de 2011

EXPOSICIÓN: “UN MAR DE LIBROS”

Aproveitando a celebración do  “Día das Bibliotecas Escolares” , previamente organizamos unha exposición de libros que teñen como temática de fondo a Ría de Vigo ou, o mar, en xeral. Dividimos a exposición en dúas partes:
·        “Un mar de aventuras”, con contos, relatos e historias de todo tipo.
·        “Un mar de saberes”, que amosa libros de consulta onde obter información para saber máis.
Cada un dos dous apartados inclúe libros para todas as idades, de infantil a 6º de Primaria. O alumnado, que coñeceu a exposición durante as sesións de Formación de usuari@s organizadas no mes de outubro, pode gozar da mesma durante todo novembro nos recreos e nas sesións de Biblioteca de cada curso.
 
 

No hay comentarios: