Dende o luns 17 ao venres 28 de outubro de 2.011 organizamos sesións de formación de usuari@s entre todo o alumnado do noso Centro, para recordar temas como as normas da Biblioteca, as condicións de préstamo de libros, a localización dos mesmos a través dos códigos de cores e numéricos, as condicións de uso dos ordenadores e unha campaña de coñecemento cara á utilización do blogue da Biblioteca “ Un libro, dous libros, tres ... ”, difundindo todas as súas posibilidades: actividades da biblioteca, novas de escritores/as e de libros publicados, guías de lectura, reprodución de vídeos, recursos educativos variados, enlaces de interese…
Aproveitamos para dar a coñecer a exposición de libros de literatura e de consulta sobre o tema do Proxecto deste curso: “ Ondas do Mar de Vigo: A Ría dos tesouros” e, en xeral, sobre o mar, que estará aberta durante todo o mes de novembro.
Rematamos as sesións repartindo os carnés de lectores/as .
No hay comentarios:
Publicar un comentario