BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 23 de mayo de 2012

LIM: VALENTÍN PAZ ANDRADE



O seguinte libro sobre Valentín Paz Andrade foi elaborado polos mestres /as do Grupo de Traballo "O SOFTWARE ABALAR", constituído no noso Centro, durante este curso 2.011/12, e en colaboración con outro profesorado do noso colexio.

Preme no seguinte enlace e poderás acceder a el.
http://dl.dropbox.com/u/28820696/mareirovalentinpaceipportocabeiro

domingo, 20 de mayo de 2012

ENCONTROS PLAMBE 2.011/12


cartel dos encontrosO 19 e 20 de abril, o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela reuniu a 315 asistentes aos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012.
Ademais das conferencias previstas (Casildo Macías, Elena Martín, Santiago Fernández, José Antonio Millán, entre outros), tamén houbo espazo para a difusión de experiencias de calidade, arredor dos proxectos interdisciplinares e as pequenas investigacións que, co apoio da biblioteca escolar e os seus recursos, permiten dotar ao alumnado de habilidades para o uso e produción da información, contribuíndo á adquisición de competencias básicas, especialmente as competencias de "tratamento da información e competencia dixital" e a de "aprender a aprender".

Preme no seguinte enlace co botón da dereita e poderás ver un vídeo dos Encontros .
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/455

miércoles, 16 de mayo de 2012

EXPOSICIÓN DE RECICLAXE

“IMAXINA, DEBUXA E CONSTRÚE”  é unha proposta que se ven desenvolvendo dende hai moitos anos no noso Colexio. Ao alumnado e ás súas familias propónselles construír nas súas casas, con materiais de reciclaxe, figuras do máis variado durante as vacacións de Semana Santa.
Este ano tratábase de pensar nalgunha idea relacionada co tema do Mar feita con materiais como papel, cartón, plásticos, las… Tamén se podían facer figuras non relacionadas co mar pero si feitas con elementos mariños como area, cunchas…
A imaxinación, unha vez máis, volveu desbordar todas as previsións e así atopámonos con medusas, estreliñas de mar, peixes variados, unha aleta de tiburón, acuarios, faros, barcos, castelos de area… e ata maquetas dunha praia e da Illa de San Simón.



Con todas as creacións fixemos una exposición no recibidor do Colexio que pode ser visitada durante todo abril e maio.
 

sábado, 12 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2.012


Próximo o 17 de maio, achegamos este enlace da Dirección Xeral de Política Lingüística onde se recompilan materiais elaborados por colexios e institutos sobre a figura de Valentín Paz Andrade, homenaxeado este ano 2.012. Premede no enlace co botón da dereita para ir á dirección seleccionada:

www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas

Tamén un vídeo titulado "Ámote", realizado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, Plástica e Música do IES As Barxas, co que nos sentimos plenamente identificados. Premede no enlace co botón da dereita para poder velo:

lecturaasbarxas.blogspot.com/2012/02/amote.html

sábado, 5 de mayo de 2012

POETAS DA RÍA DE VIGO: MENDIÑO, MARTÍN CÓDAX, XOÁN DE CANGAS.

FEITA POR CARMEN CRESPO       FEITA POR ADRIÁN VÁZQUEZ DURO

Estes son os tres modelos de pegatinas que editamos para celebrar "O Día da Poesía" (2.012) e que repatimos entre o alumnado e profesorado do noso Centro.
 Lembrade que o texto son estrofas de Cantigas de Amigo dos tres Trobeiros da Ría de Vigo e os tres debuxos, seleccionados logo dun Concurso que convocou a Biblioteca, foron realizados por Lara Araujo (2º de Primaria), Adrián Vázquez (3º de Primaria) e Carmen Crespo (5º de Primaria).

CELEBRACIÓNS DO MES DO LIBRO 2.012

-Durante todo o mes organizamos dúas exposicións: unha de  libros escritos por Julio Verne, para coñecer o autor que ambientou unha das súas obras máis coñecidas na Ría de Vigo, tema do Proxecto da Biblioteca, e outra de libros escritos e ilustrados por  Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín 2.009 con “ Mil cousas poden pasar I ”,  de visita no Centro.
 
                             

-Día 23: Maratón de Lectura, de obras escritas por Julio Verne: 2º Primaria: “20.000 leguas de viaxe submariña”; 3º: “Cinco semanas en globo”; 4º: “Viaxe ao centro da Terra"; 5º: “20.000 leguas de viaxe submariña” e 6º: “O faro da fin do mundo”


   
        
-Día 23: Colocación de slogans, polo alumnado de Infantil de 4 anos, sobre a lectura nas portas das aulas, da Biblioteca e no taboleiro de noticias do recibidor do colexio:
       

-Día 24:  Para Infantil, 1º e 2º: actuación do Conta Contos  Servando:

-Día 27 : Para 3º, 4º, 5º e 6º: Encontro co escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
     
-Para Infantil e 1º de Primaria, visionado de contos de Hans Christian Andersen: “O soldadiño de chumbo”, “ O patiño feo” e “O traxe novo do emperador”.