BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 8 de junio de 2012

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE O MAR



Vinde visitar ao longo do mes de xuño a derradeira Exposición que a Biblioteca organizou este curso e que pon punto final ás súas actividades.

Poderedes coñecer os traballos de elaboración propia feitos dende a Biblioteca  como o libriño de "Adiviñas, relatos curtos, cantigas e refráns" escritos entre o alumnado e as súas familias nas casas.
Tamén, traballos realizados polas distintas clases e especialidades como maquetas de bateas e de faros, albums escritos a man, con debuxos pintados polo alumnado ou con fotografías, abecedarios, contos, láminas ou traballos escritos a ordenador feitos polo alumnado das Aulas Abalar.

    

Tamén lembrarvos que co Boletín de Notas levaredes para casa a "Guía de Lecturas para o verán", para ter cos libros un verán de aventura.
 Grazas a todos e a todas pola colaboración e o esforzo desenvolvido que fan que a nosa sexa unha Biblioteca viva e dinámica.

No hay comentarios: