BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 8 de octubre de 2012

OLA, OUTRA VEZ NUN NOVO CURSO QUE COMEZA !

 
Dende a Biblioteca queremos informarvos que co proxecto titulado "UNHA PERSOA, UN MUNDO", no que abordaremos o estudo do corpo humano en todas as súas vertentes, o noso Colexio foi seleccionado por terceiro ano consecutivo para participar no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares). É unha boa noticia xa que nos concederon unha importante axuda económica para mercar libros novos e todo tipo de fondos documentais.
 
Queremos lembrar que a Biblioteca está aberta para as familias e para os ex- alumnos/as de 16 H. a 17 H., de luns a venres (non sendo os martes). Podedes vir acompañados/as dos vosos fillos/as, que en ningún caso poderán vir solos (xa que o alumnado pode usar a Biblioteca de 9 h a 14 h). A Biblioteca atópase na 1ª Planta, pero só poderedes levar fondos prestados da Sección de adultos da mesma, que se atopa na Planta Baixa. Para iso, e para gozar dos demais servizos, deberedes solicitar o voso carné de usuarios/as ao mestre/a de garda que vos será entregado días máis tarde.
 
Ao longo do curso chegarán ás casas as MOCHILAS VIAXEIRAS con fondos para os cativos/as pero tamén para pais e nais. Estarán en cada casa unha semana. Esperamos que vos resulten atractivas. Gozade da súa lectura.
 
Decirvos que xa comezou a  “A HORA DE LER” no Colexio : Quince minutos diarios (de 12:00 a 12:15)  nos que alumnado e profesorado gozan da lectura, todos ao mesmo tempo.

 


 Os máis cativos, de Educación Infantil fan "A HORA DO CONTO".

 
Como inicio das nosas actividades no Blog invitámosvos a ver  este vídeo que fai publicidade das Bibliotecas Públicas, alí onde estas se atopen.
 

No hay comentarios: