Celso Emilio Ferreiro nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1.912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1.979 foi un escritor e político galeguista.
Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra "Longa noite de pedra" é un dos libros chave para entender a literatura galega.
Foille adicado o Día das Letras Galegas no ano 1.989.
Na Biblioteca do noso colexio podedes ler "Escolma poética" un fermoso libro con algunhas das súas poesías máis significativas:
A nosa pequena HOMENAXE a Celso Emilio no Centenario do seu nacemento consistirá en subir a este blog ao londo do curso algunha destas poesías. Empezamos con:
"TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO"
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que te fía...
Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
(De "Viaxe ao País dos Ananos")
Para coñecer imaxes da vida e obra de Celso Emilio pincha aquí no seguinte vídeo realizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Celso Emilio Ferreiro (Vigo):
No hay comentarios:
Publicar un comentario