BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 12 de diciembre de 2012

"TRÁTAME BEN": TALLER PARA A IGUALDADE

 
 Organizado en colaboración co Concello de Redondela o alumnado de 4º  de Primaria participou en dúas sesións (28 de novembro e 7 de decembro) dun “Taller de integración afectiva para a igualdade”.
     Dita actividade aparece plenamente integrada no tema da Biblioteca deste curso xa que nos interesa abordar o recoñecemento das diferenzas individuais, que fan a cada persoa distinta ás demais e que como seres humanos nos enriquecen sempre.
    No Taller explicáronse os dereitos dos nen@s, debateuse sobre a igualdade entre os mesmos pero, ao mesmo tempo, insistiuse no respecto ás diferenzas individuais.
A partir do protagonista dun conto, un dragón abusón que se portaba mal e que vivía illado, xa que non sabía comportarse doutra maneira, o alumnado inventou distintos finais á esta historia, reflexionando así sobre como abordar as situacións de conflito e o mellor xeito de resolvelas pacificamente.
 

No hay comentarios: