BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 19 de diciembre de 2012

TRABALLOS SOBRE O CORPO HUMANO

       Xa estamos a producir os primeiros traballos de investigación sobre o tema da Biblioteca para este curso. Están centrados no estudo anatómico do corpo humano.
 
      Os da clase de 2º de Primaria construíron conxuntamente un esqueleto articulado do noso corpo, estudando os seus ósos e articulacións. Aprenderon moitísimo. Unha vez rematado colocámolo na Biblioteca para que poidades velo; como non, o seu nome é Segundo.
 
 
     Un pouco máis maiores, os da clase de 5º, por grupos, investigaron sobre o aparato circulatorio. Cos seus traballos confeccionaron un Mural que podedes ver no piso de arriba, cando subades á Biblioteca, á Aula de Música ou á de Informática. Parade e botade un vistazo.
 
 


No hay comentarios: