- O luns, 21, inaguramos a Exposición de Cómics, clasificados por idades, para os máis cativos e para os maiores. Temos un pouco de todo: Contos clásicos como Aladdín e Pinocho, xoias literarias como O Quixote, Os Bolechas, Tito Longueirón, Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, Astérix e Obélix, Lucky Luke, Tintín e Milú, Mafalda, Spirou e Fantasio, Pepe Gotera e Otilio.. e outros máis recentes como Mestre Raposo, Thom, Gárgola, etc.
Outro título presente é "Como facer un cómic". Aprenderedes cales son os elementos do cómic: as viñetas, os personaxes, a cartela,os globos e os seus tipos, como se poden usar as onomatopeas...
Achegádevos pola Biblioteca e seguro que acabades lendo como Estela e Andrés de 5º curso.
- A Sección Bilingüe de 6º curso confeccionou siluetas de caras seguindo as características do "Manga" e con elas fixeron un Mural: "Manga Style faces", que podedes ver no corredor do segundo piso.
Seguro que vos preguntades que é iso de "Manga" ?
Manga (漫画) é a palabra xaponesa para designar ás historietas en xeral. Fóra de Xapón, utilízase exclusivamente para referirse ás historietas niponas.
O Manga abarca unha ampla variedade de xéneros e chega a públicos diversos e persoas adultas.
Características do Manga
O estilo Manga posúe unha serie de características que o fan diferente a outros estilos de debuxo. Podemos destacar as seguintes: predominio da liña sobre a forma, colocación das viñetas do cómic manga segundo a escritura xaponesa, ollos grandes e xestos esaxerados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario