BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 24 de enero de 2013

DIA DA PAZ 2.013


 
Para celebrar este ano o "Día Escolar pola Paz e a non violencia" botamos man dun fermoso poema escrito por Celso Emilio Ferreiro, continuando a nosa particular homenaxe ao Poeta.
O día 30, no Salón de actos, na Conmemoración que faremos  seralle recitado a todo o alumnado e profesorado.
 
  
"IRMÁUS"
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma  un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
  A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
 

Agora, podedes ver o seguinte vídeo titulado "Apertas de paz" :
 
 
Tamén escoitade "Cantarela dos nenos" canción a partir dun texto de  Neira Vilas:


 
 
 
 
Pinchade na palabra  LIM  e accederedes a actividades dixitais  sobre a Paz elaboradas polo Equipo da Biblioteca do CEIP Mestres Goldar  de Vigo.
 

No hay comentarios: