As Bibliotecas Públicas de Redondela queren dar a coñecer a BANDA DESEÑADA por todo o Concello e fixeron unha recompilación de 104 títulos nun "BAÚL VIAXEIRO". Este leva, dende o 2.012, percorrendo moitos centros de ensino de Redondela, parando un mes en cada colexio. Agora chega ao noso e permanecerá aquí ata o 20 de marzo.
Hai libros para todas as idades : primeiros lectores, para os máis expertos e para adultos. Todos eles responden a unha selección moi variada do mundo da Banda Deseñada realizada con gran profesionalidade polo persoal das Bibliotecas de Redondela.
No Equipo de Biblioteca do colexio decidimos facer, con algúns dos fondos, debidamente sinalizados, unha Exposición. Co resto dos cómics preparamos Mochilas, unha por cada Ciclo, que rotaron polas distintas aulas.
Os pais e nais que desexen ler ditos cómics poden pasar pola Biblioteca da escola no seguinte horario: LUNS, MÉRCORES, XOVES e VENRES, de 16 a 17 Horas.
Non deixedes pasar esta oportunidade !
No hay comentarios:
Publicar un comentario