Un ano máis celebramos o Entroido no colexio. A Meca, disfrazada de médica, foinos comunicando as órdenes para a ocasión referentes ao Proxecto da Biblioteca para este curso. Ao seu carón o esqueleto do colexio aparecía transformado en cociñeiro.
O día 8 de febreiro, venres, tivo lugar o Desfile de Entroido.
Visitáronnos un sinfín de profesionais sanitarios: odontólogos, cardiólogos, traumatólogos...
Acudiron outros profesionais sanitarios, ambulancias e mesmo enfermos de todo tipo.
Non faltaron esqueletos e os sentidos.
A boca hai que coidar e a pasta de dentes non puido faltar.
Con moita diversión celebramos o Entroido máis humano!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario