BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 1 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ CO "ATRAPADOR DE CONTOS" ANXO MOURE

 O 30 de xaneiro, Día Escolar pola PAZ e a non violencia, celebrámolo no salón de actos cun acto conxunto no que cantamos “A rolda do soldadiño”, ensaiada na Aula de Música, e dous alumnos de 5º e 6º, colaboradores da Biblioteca, recitaron o poema de Celso Emilio Ferreiro “Irmaús”.
 
 
Organizamos para o alumnado, unha sesión de animación á lectura co conta contos Anxo Moure que con gran diversidade de recursos soubo atrapar aos cativ@s, cos que inter actuou de forma dinámica.
 
 
 Mesmo fixo que algúns fosen protagonistas e se transformasen nel facendo de  Anxo Moure.
 
 
Coas súas historias, como a do “Carballo con botas”, faloulles dos contos que viven nos bosques, nos ríos… e nos corazóns dos  nen@s. Ensinoulles que hai que lelos e comelos xa que alimentan a imaxinación e comparou a Biblioteca cun restaurante da imaxinación. Contoulles que os bosques nos dan aire para respirar e que cada dous minutos un deles desaparece do planeta. Os nen@s repetiron con el: Hai que abrazar e plantar  árbores da palabra PAZ para gozar. Os incendios son terroríficos, dramáticos, fatídicos… e con eles a esperanza desaparece. Hai que facerse amigos do bosque, limpalo, coidalo… hai que reciclar.
As guerras tamén son malas. Necesitamos esperanza para que haxa Paz.
 
 
Grazas a Anxo Moure celebramos con centos de risas este día tan importante da Paz.
 
Sabedes que na Biblioteca temos, tanto na zona de Infantil como na de Primaria, varios exemplares de "O carballo con botas" de Anxo Moure. Vinde lelo ou a levalo en préstamo para casa. El mesmo recomendounos a seguinte páxina de internet: www.contossolidarios.org/. Botarlle unha ollada.

No hay comentarios: