BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 10 de marzo de 2013

MULLERES NO TEMPO

   
     Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo, solicitamos a colaboración das familias para desenvolver unha actividade acordada no Observatorio pola Convivencia do Centro a proposta da Biblioteca: Cada alumno/a levou á súa casa un anaco de cartolina no que escribiu,  o nome dunha muller importante, actual ou doutro tempo, e a faceta na que destacou. Os mestres/as tamén aportaron cadanseu nome.
     Na Biblioteca fíxose unha selección de materiais, mesmo elaborados polo alumnado sobre o tema, para axudar na elección.
 

    Coas tarxetas fixemos un Mural titulado “Mulleres no tempo” que a Comunidade Educativa pode contemplar e ler no recibidor do colexio.
 
 

 É o punto de partida para coñecer e investigar sobre moitas mulleres escritoras, artistas, pedagogas, científicas, deportistas, políticas, loitadoras polos dereitos humanos e das mulleres...


        
MARUJA MALLO


Unha destas mulleres é Maruja Mallo.Pincha arriba, no seu nome, e accederás a unha presentación feita polos alumnos/as do CEIP Milladoiro de Malpica.
 

Por último, para reflexionar, invitámosvos a ver o seguinte vídeo. Pinchade aquí:

No hay comentarios: