BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 16 de marzo de 2013

"TALLER DE FROITA" EN INFANTIL

      Con relación ao noso Proxecto do Corpo Humano, neste 2º Trimestre, centrámonos na "Hixiene e alimentación". O alumnado de Educación Infantil realizou unha saída didáctica a un hipermercado coñecendo “in situ” as distintas seccións nas que se venden os máis variados produtos que constitúen a base da nosa alimentación: peixería, carnizaría, froitaría, panadaría...
     Ao día seguinte, púxose en práctica un “TALLER DE FROITA”, coincidindo nun xoves, que é o Día da Froita en todo o colexio: dende hai anos, nese día, todo o alumnado, tanto de Infantil como de Primaria, trae froita para merendar.
 

     Para festexar ese Día @s cativ@s fixeron as súas propias brochetas coas súas froitas preferidas. Os pasos seguidos para a súa elaboración foron: Pelar as froitas e cortar as mesmas en anacos pequenos. A continuación colocar a froita cortada no espeto. E, por último, comer con moita ansia, poñendo en práctica un xeito san de alimentación. Que saborosa estaba a froita !!!
 
 

    Claro está, antes e despois da degustación, o alumnado practicou as normas básicas de hixiene que hai que seguir no momento de comer, lavando con xabón as  mans e secándoas convenientemente.


 
 Por último, tamén botaron unha man para axudar a recoller e deixar as clases ben limpiñas.
A que si!!!

No hay comentarios: