BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 20 de abril de 2013

DÚAS EXPOSICIÓNS "MOI HUMANAS"

     Dúas exposicións, cuxa temática tiña como eixe central o Corpo e a figura humanas, enchen de orixinalidade e color o noso colexio. Vinde coñecelas.



     1.- Exposición, realizada entre a Biblioteca e o  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con figuras e esculturas construídas con todo tipo de materiais de reciclaxe. Ditas construcións, feitas polo alumnado e as familias nas  casas, levan nome en galego. Contamos con órganos como os dos sentidos (vista, oído, gusto, tacto…); pulmóns, corazóns, riles; robots “humanizados”; esqueletos e ósos, mesmo fracturados; dentes; músculos; bocas, caras e cabezas; e  siluetas de figuras humanas con todos os seus órganos internos.
     


     
     2.- Exposición “Pintando o corpo humano”, organizada polo E.D.L.G. Co fin de coñecer pintores galegos, cada clase escolleu a un artista que abordou a temática da figura humana nalgún dos seus cadros: M. Ruibal, Luís Davila,  Antonio G. Patiño, Luís Seoane e Maruja Mallo. O alumnado fixo a reprodución dos mesmos nas aulas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios: