BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 18 de abril de 2013

CONTOS DO MEDIO

    

     Marcelo Rodríguez da Asociación "Faia Educación Ambiental" visitou o noso colexio o martes, 16 de abril, para compartir cos alumnos/as de 1º e 2º de Primaria una sesión de "Contos do medio", unha actividade para acceder ás Competencias no Coñecemento do medio e na Lingua xa que se amosa e se descubre o medio, abundante tamén é o léxico que se aprende, e todo isto acompañado dunha historia para contar.
     Os cativos/as puideron participar na experiencia de xeito activo, interactuando co visitante, establecéndose un entretido diálogo entre ambas partes o que permitiu satisfacer a curiosidade do alumnado.
     En primeiro lugar, Marcelo foilles preguntando que sabían de cada unha das estacións do ano e, a continuación, era el quen relataba as características máis importantes das mesmas.
     Fíxolles reparar na importancia de non incidir negativamente na vida dos seres vivos do bosque; por exemplo, non berrar no monte xa que os paxaros abandonan os seus niños e iso pode ser malo para os ovos ou para as crías.
     Durante o desenvolvemento da sesión o alumnado puido ollar niños, paxaros, froitos do outono,  rolla...e ulir distintas plantas aromáticas.
    

     Finalmente contoulles un conto ben bonito; era a historia dun neno que quería plantar carballos pero sempre atopaba algún atranco que llo impedía, ata que, finalmente, de maior o conseguíu.

 
 
Se queredes saber máis premede neste enlace: www.faia.gl

 

No hay comentarios: