BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 3 de mayo de 2013

MAIO: MES DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

     As Letras Galegas deste ano están dedicadas a Roberto Vidal Bolaño, home de teatro. Na Biblioteca colocamos materiais para coñecer a súa vida e obra con fichas de traballo para todos os Ciclos. No blog subimos unha recompilación de recursos (á dereita da páxina, pinchar na foto do autor homenaxeado).
 

   
     O día 2, organizamos unha charla para o alumnado de 5º e 6º de Primaria,  aberta ás familias, co título “Vidal Bolaño e o teatro”, impartida por Xosé Manuel Pazos, mestre, autor teatral e amigo de Vidal Bolaño que nos falou primeiro das distintas artes presentes no teatro (arquitectura, escultura, pintura, música, literatura…) e dos distintos oficios (dramaturgo, director, escenógrafo…).
     Logo falounos da vida de Vidal Bolaño, a quen presentou como a figura máis importante do mundo teatral galego nas súas facetas de autor, director, actor e mesmo iluminador, repasando a súa obra.
 

     Proxectou un Power Point e o público puido apreciar obxectos traídos polo convidado: un foco, un traxe, máscaras e carteis de espectáculos de Vidal Bolaño.
     Como remate contestou ás preguntas dos asistentes e asinou no Libro de Honra da Biblioteca.
 
 

No hay comentarios: