BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 3 de mayo de 2013

UNHA CITA PARA A CONVIVENCIA

     Logo de abordar o estudo anatómico do corpo humano e de afondar no coñecemento dos hábitos de saúde, neste terceiro trimestre centrámonos no respecto ás diferenzas persoais que tanto nos enriquecen ás persoas.
      Aproveitando o aniversario da ONCE e en colaboración co Club de xogadores de baloncesto en cadeira de rodas, AMFIV, o 24 de abril, fomos de excursión ao avillón de Bouzas en Vigo, onde puidemos coñecer de primeira man como persoas con diversas discapacidades loitan por ter unha boa calidade de vida.
     Descubrimos como xogan os cegos ao goalball e as persoas que están en cadeira de rodas ao baloncesto. Tamén fomos en tandem con José, campión de España  nesta especialidade de descenso.
 
 
 
     O alumnado pasou unha mañá moi divertida xogando dun xeito no que nunca antes fixera, aprendendo que, adaptando os xogos, no deporte non hai limitacións. Os nenos e nenas manifestaron que tiveran sensacións que nunca antes viviran. Puxéranse na pel de persoas distintas a eles.

 
      AMFIV facilitounos a dirección do seu blog para acceder ás súas actividades.
 

No hay comentarios: