BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 30 de octubre de 2013

EXPOSICIÓN DE LIBROS E MARATÓN DE LECTURA



     Aproveitando a celebración do  “Día das Bibliotecas Escolares” , previamente organizamos unha Exposición que tiña como temática de fondo o tema do Proxecto, As pegadas do Home na Historia. Dividímola en dúas partes:
• “MATERIAIS DE CONSULTA” con libros, revistas, DVDs… onde buscar información.
• “CREACIÓN LITERARIA” con contos, relatos e historias de todo tipo.
     Cada un dos dous apartados incluía materiais para todas as idades, dende  infantil a 6º de Primaria.
O alumnado, que coñeceu a Exposición durante as sesións de Formación de usuari@s organizadas no mes de outubro, poderá gozar da mesma durante todo novembro.



MARATÓN DE LECTURA  NO  DÍA  DAS  BIBLIOTECAS

 
    Algúns dos títulos escollidos foron: “Estegosaurio… O dinosauro máis amistoso”, “Dinosaurio Belisario”, “Nenos doutras épocas”, “1, 2, 3 de repente en Exipto”, “Xograres e trobadores”, “Os nobres”, “Burgueses e proletarios”, “O tempo das máquinas”.





No hay comentarios: