BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 31 de octubre de 2013

OS CALACÚS VIAXAN POLO TEMPO


 
     Este curso celebramos un Samaín especial amosando As pegadas do Home na Historia.
 O alumnado, xunto coas súas familias, na “Semana dos medos”,  decorou cabazas “esculpidas” con múltiples motivos  relacionados coa historia humana. Así xuntáronse verdadeiras esculturas cabaceiras representando variados dinosauros prehistóricos; personaxes exipcios e romanos como faraóns e soldados; reis, raíñas e bufóns medievais; inventos modernos como a televisión, a radio, os satélites, o teléfono móbil…
 
 
 
      O mércores, 30 de Outubro, ao entrar no Colexio, fomos sorprendidos coas cabazas acendidas e, ao seu redor, todos xuntos cantamos  cancións aprendidas na Aula de Música. Ao rematar a mañá, cada alumn@ levou para a casa a súa cabaza para acendela pola noite, e así celebrar o fin da tempada da colleita na cultura Celta e o comezo do seu aninovo.
 
 
 
 

No hay comentarios: