O alumnado de 2º de Primaria traballou neste primeiro Trimestre sobre EXIPTO, elaborando distintos traballos para plasmar todo o pescudado e aprendido. Así, no corredor onde está a súa aula, colocaron un MURAL de grandes proporcións onde se recollen graficamente os máis variados aspectos: o espazo físico coa paisaxe e os animais; a influencia do río Nilo; os Imperios Antigo, Medio e Novo; a figura dos faraóns; as xentes e o seu xeito de vida (costumes, casas, vestimenta, comidas, xogos…); os Deuses; os monumentos máis significativos; a escritura xeroglífica e os números exipcios...
Ao tempo a súa mestra organizou unha EXPOSICIÓN no recibidor do colexio baixo o título “Expo Exipto”. Nela recóllense obxectos elaborados polo alumnado como momias, vasillas, vasos canopos, brazaletes, colares e amuletos… Completan a Exposición a representación dunha Pirámide, un Mural sobre o Antigo Exipto cun mapa conceptual para organizar o investigado, unha Maqueta cos principais monumentos (pirámides e templos máis importantes, o deserto e os seus oasis, o río Nilo e a súa desembocadura no Mar Mediterráneo). Non podemos esquecer outro Mural sobre os animais sagrados.
Vinde botar unha ollada ao tempo dos faraóns (uns 4.000 anos atrás). Paga a pena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario