O venres, 28 de novembro de 2.013, Jesús Estévez e Eugenia Victoria, pais dun alumno de Infantil de 5 anos, acudiron ao noso colexio, convidados polos mestres de Infantil, para contar aos máis cativos historias moi interesantes.
Faláronlles dos dinosauros mostrándolles imaxes:
Introducíronos no marabilloso mundo da Paleontoloxía, mostrándolles os útiles e ferramentas empregados, os métodos de traballo e de escavación.
Para iso, fixeron unha demostración práctica de desenterramento de ósos de dinosauro procedendo a continuación a reconstrución dun cranio ante a atenta e fascinada mirada do seu público infantil.
Moitas grazas a Jesús e a Eugenia por contaxiar aos máis pequenos o interese pola investigación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario