BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 9 de noviembre de 2013

PRÉSTAMO, MOCHILAS E OUTROS SERVIZOS DA NOSA BIBLIOTECA

O PRÉSTAMO EN INFANTIL
     En Infantil o préstamo de libros para ler en casa faise nas sesións de Biblioteca de cada unha das tres aulas. Este curso os máis cativ@s estrearon Bolsas da Biblioteca novas para levar as súas casas as historias máis marabillosas moi, pero que moi protexidas. Ían tod@s contentos.
 

 
O   PRÉSTAMO EN PRIMARIA 
     Os nen@s de 1º a 6º nos recreos poden: ler, usar ordenadores, escoitar música e coller libros en préstamo. Estes servizos son atendidos pola Responsable coa axuda do alumnado voluntario de 5º e 6º. Para a nosa satisfacción as colas para levar libros en préstamo son así de longas e todos os días temos as quendas de ordenador e para escoitar música completas. Veña tod@s a animarse.
 

 
MOCHILAS VIAXEIRAS
O 8 de novembro as nove “ Mochilas Viaxeiras ”, unha por aula, saíron de viaxe para chegar ás casas do alumnado. Levaban moitas sorpresas: libros dos itinerarios lectores, do tema do Proxecto, de consulta e de aventura, de inglés; banda deseñada; revistas e mascotas para que os nen@s compartisen a lectura coas familias. Tamén consellos para contar contos e un “Diario Viaxeiro” onde escribir opinións.
    E agora invitámosvos a ver un vídeo dun neno ao que lle gusta tamén ir á Biblioteca:   "Caillou rato de Biblioteca"






No hay comentarios: