As aulas de Educación Infantil escolleron a PREHISTORIA como temática para traballar o paso do Home pola Historia e, o Centro de interese a partir do cal están a desenvolver o seu traballo é o dos DINOSAUROS.
O alumnado aprendeu moita información a partir de distintos textos e realizou variados traballos de elaboración propia como postais, marca páxinas, traballos plásticos como ovos de dinosauros en papel maché, reproducións en plastilina e outros.
Entre as actividades desenvolvidas destaca a CHARLA impartida por un pai e unha nai sobre os animais prehistóricos e sobre o interesante traballo dos paleontólogos. A partir da información obtida o alumnado da Aula de 5 anos elaborou coa súa mestra un
“Caderno de Arqueoloxía”.
Con todos os materiais elaborados as mestras de Infantil organizaron unha EXPOSICIÓN no recibidor do colexio para mostrar ao resto do alumnado do colexio os seus traballos. EXPOSICIÓN que estades convidado@s a ver para así coñecer ao pasado remoto dos dinosauros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario