Acabamos de coñecer a morte de NELSON ROLIHLAHLA MANDELA. Preto está o 10 de decembro, Día da Declaración dos Dereitos Humanos, e MADIBA, nome co que era coñecido no seu país, foi un destacado activista en prol dos dereitos humanos dos seus compatriotas Sudafricanos. A súa loita, a favor da liberdade de todos os homes e mulleres negros do seu país, costoulle estar encadeado 27 anos, os primeiros nunhas difíciles condicións con traballos forzados nunha canteira de cal ou recibindo unha soa visita e unha carta cada seis meses.
Finalmente, tras ser liberado, recibíu o PREMIO NOBEL DA PAZ pola súa loita contra o "Apartheid" e foi elixido democraticamente Presidente do seu país.
Interésanos, tamén, a súa faceta como escritor. E así descubrimos:
Trátase dunha colección de 32 relatos, algúns moi antigos, transmitidos oralmente, e outros novos, procedentes de toda África: hai fábulas, mitos e lendas nas que os animais típicos deste continente demostrarán que a astucia triunfa sobre a forza.
Aínda que é un libro infantil calquera poder gozar da súa lectura. No prólogo MADIBA expresa o seu desexo de que todos os nenos e nenas africanos poidan marabillarse cos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario