“Ler Ciencia na Biblioteca Escolar” é o lema para o curso 2.013/14 das Bibliotecas Escolares Galegas. Por iso decidimos organizar na Biblioteca unha Exposición con materiais variados de ciencia axeitados ao noso alumnado: matemáticas, bioloxía, corpo humano, planeta Terra e a súa representación, Sistema Solar, investigador@s importantes e os seus inventos, propostas de experimentos…
Dita Exposición, que poderá ser visitada no recreo e nas Horas de Biblioteca durante xaneiro e a primeira semana de febreiro, servirá para mellorar a Competencia no Medio Físico e Social do noso alumnado. Ao tempo repartíronse Marca páxinas e chapas co lema Ler Ciencia facilitados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Se queremos experimentar pola nosa conta, a parte das ideas que nos proporcionan os libros da Exposición, podemos consultar no seguinte enlace (pincha enriba) as experiencias desenvolvidas polo CEIP de Cespón e a súa Biblioteca. Hainas tan interesantes como a "das tres capas flotantes":
Pincha enriba de "Ciencia fácil" para acceder a un blog de ciencia moi interesante:
Por último, invitámosvos a ver o vídeo que a NASA (Axencia Espacial de Estados Unidos)elaborou para felicitar 2.014 facendo un repaso polos fitos maís importantes do 2.013:
No hay comentarios:
Publicar un comentario