BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 26 de enero de 2014

PAZ 2.014

     Para celebrar o Día da Paz este ano, estará connosco de novo , o 31 de xaneiro, Anxo Moure, escritor e conta contos. Mentres chega ese día podedes ler na Biblioteca unha historia marabillosa escrita por el que ensina aos nen@s a non pelexar, a coidar os ríos e sobre todo a acariciar: “ A xacia Luviñas”. Coñeceredes  uns seres mitolóxicos, os xacios e as xacias, medio humanos medio peixes, que vivían nos profundos pozos do Río Miño.
Sobre a Paz  fixemos tamén unha selección de lecturas que vos convidamos a ver:
 
Sobre Mandela podedes consultar unha entrada anterior que elaboramos tras coñecer a súa morte. Alí hai distintos enlaces interesantes.
 
Agora invitámosvos a coñecer este libro: "O autobús de Rosa", (pincha enriba)traducido ao galego e adaptado pola Biblioteca do CEIP de Andrade que serve para ilustrar o tema do Apartheid contra o que loitou Mandela toda a súa vida.

No hay comentarios: