BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 30 de enero de 2014

UNHAS SAÍDAS MOI TEATRAIS







O 13 de xaneiro, o alumnado de 5 anos, 1º e 2º acudiu a Redondela a ver un espectáculo de Teatro musical basado no conto clásico “Os tres porquiños”, fábula con coñecidos personaxes animais personificados.





Os nosos cativos gozaron dunha representación cuxo contido era sobradamente coñecido para eles. Logo, na Biblioteca, desenvolveron distintas actividades como a elaboración de máscaras dos protagonistas do relato.
 
O 30 de xaneiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acudiu a Redondela a participar nun espectáculo do grupo  Tanxarina títeres que consistiu en coñecer de primeira man os distintos tipos de marionetas empregadas nos seus espectáculos (de madeira, pano, cartón pedra, sombras chinesas…) e como se podían manipular e mover dentro do escenario para que cobrasen vida teatral.
 
 Tanxarina recreou sobre o escenario catro espazos para poñer en escena fragmentos de distintas obras representadas polos seus monicreques. O alumnado puido interactuar cos mesmos, manipulándoos, achegándose deste xeito ao marabilloso mundo da fantasía titiriteira.
 
 
Na Biblioteca podedes ler: 
 

No hay comentarios: