BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 25 de junio de 2016

DESPEDIDA E TEMA DO PROXECTO VINDEIRO CURSO


Xa rematou este curso que pasou moi, moi rápido. Desenvolvemos moitísimas e moi variadas actividades. Cal vos gustou máis? Espero que vos sexa difícil respostar porque nos esmeramos para que vos resultasen moi interesantes.
 Na Festa de Fin de Curso, no pavillón, a modo de despedida, entregamos aos quince  voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Primaria uns cadernos de agasallo para agradecerlles que nos botasen unha man no traballo diario da Biblioteca.
 Agora quedo na Biblioteca, preparando todo para o vindeiro curso no que estudaremos un tema apaixoante: O  ESPAZO.
 Queremos que coñezades a inmensidade que nos envolve e que inflúe de xeito tan directo na nosa vida (a radiación solar, a atracción da lúa, os cometas, os meteoritos, as estrelas…). Profundaremos  no coñecemento do Sistema Solar, en concreto do noso planeta, a Terra, e do seu satélite, a Lúa.
Os descubrimentos realizados por persoeiros importantes e os avances que países pioneiros conseguiron na carreira espacial centrarán tamén boa parte das nosas investigacións. Valoraremos a importancia da Astronomía e das distintas profesións relacionadas co espazo.
                                   Semella moi interesante, verdade? 
Pois ATA O ANO QUE VEN!!!  
E LEDE MOITO NO VERÁN!!!

No hay comentarios: