BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 13 de junio de 2016

REPRESENTANDO O NOSO KAMISHIBAI


 A Biblioteca, coa colaboración do profesorado, confeccionou as imaxes e o texto deste Kamishibai que pretende ser un relato informativo para amosar o máis importante do aprendido sobre os países que estudamos nas aulas: Sudáfrica, Xapón, México, Australia, Brasil, Reino Unido, India, Francia, Estados Unidos, Italia e Groenlandia.
O Kamishibai  creado entre todos leva por título "Saínza, unha aventureira polo mundo". Efectivamente, Saínza, a nosa Mascota, viaxou por todos estes países para mostrárnolos e ensinarnos moitas das súas curiosidades.
 Unha vez impreso o Kamishibai no seu formato final, en A-3, preparamos a  súa presentación e representación diante de todo alumnado, en diversos pases que realizamos na Biblioteca, acompañando con música xaponesa. Subímolo ao Blog e á Rede. Colaborou alumnado de todas as aulas e os voluntarios/as da Biblioteca.

Vídeo do Kamishibai

No hay comentarios: