A segunda rolda da celebración do Mes da Ciencia en Galego tocoulle ao alumnado de Primaria, que se amosou moi interesado por consultar a nosa selección de Lecturas "experimentais".
Convidamos para a xornada dos "Experimentos Experimentais", do día 23 de novembro, a Gabriel, mestre da Universidade de Vigo, quen aceptou a invitación de xeito extraordinariamente xeneroso. Desenvolveu co alumnado de Primaria catro experimentos, con explicacións didácticas, adaptadas ás distintas idades, para a súa comprensión:
A gran capacidade de comunicar de Gabriel
xunto coas ganas de aprender e colaborar do noso alumnado
deron como resultado unha "xornada científica" na que se desenvolveron estes experimentos:
CROMATOGRAFÍA: Para saber de que está feita a tinta, por que se pode separar, capilaridade do papel, o que fai o alcol...
A CANDEA QUE FAI SUBIR A AUGA: Para reflexionar sobre a combustión, a presión atmosférica, por que se apaga a candea, por que sobe a auga...
INFLADOR DE GLOBOS:
Que pasa cando se xuntan un ácido e unha base. Que gas sae. Que hai dentro do globo. Oxidación e redución...
FLOTA OU SE AFUNDE?
Para reflexionar sobre a densidade, a flotación. Por que o xeo flota na auga, como actúa o aceite...
En definitiva,
UNHA XORNADA CHEA DE GRANDES DESCUBRIMENTOS GRAZAS A GABRIEL QUE TAMÉN NOS FACILITA ENLACES DE INTERNET PARA EXPERIMENTAR NA CASA
1 comentario:
Un placer, como siempre.
Y a vuestra disposición.
Publicar un comentario