BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 18 de enero de 2018

A MAXIA DO MAGO CALI CHEGOU AO NOSO COLEXIO



Todo circo que se queira dar a valer ten, entre os seus artistas, un mago. Por iso, a Biblioteca convidou ao mago Cali para que desenvolvese diante do noso alumnado o seu espectáculo de maxia, cheo de trucos sorprendentes realizados
 coas mans,
con panos,
que cambiaban de cor por arte de maxia, ante a sorpresa dos nenos axudantes,

 con pompóns, que modificaban de posición sen explicación lóxica
 con chisteiras que escondían imaxes de coelliños, que intercalaban a súa posición inexplicablemente
con cordas, nun intre enteiras e noutro semellando partidas, con nós e axiña sen eles, vaia lío!
cos números 1, 2, 3 e 4 cambiando de posición coma toliños…
cun libro, nun momento coas follas en branco, de repente con debuxos en branco e negro e, finalmente, a cores... como é posible?
con tanta maxia o mago Cali fixo as delicias do público, de grandes e de pequenos

que o aplaudiron con ganas
como tamén aplaudiron aos "seus axudantes", que o pasaron pipa en todo momento.
Ata outra ocasión que volvamos gozar da túa maxia.

No hay comentarios: