BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 19 de enero de 2018

NA PISTA... RECICLADORES ARTISTAS

 Tal e como lles pediramos, alumnado e  familias elaboraron, nas vacacións de Nadal, con materiais de refugallo, figuras relacionadas co Circo e con todas elas montamos no recibidor do colexio, na zona da Biblioteca para as familias, unha marabillosa Exposición de Reciclaxe baixo o título "Na pista... Recicladores Artistas".
E, efectivamente, na nosa Comunidade Educativa contamos con grandes artistas que reciclaron  diferentes materiais: cartóns, todo tipo de envases de plástico, teas... cos que construíron  carpas, pistas e caravanas; artistas como pallasos, magos, fonambulistas, homes bala; utensilios como chisteras, mazas 
Elixiranse  varias figuras que, de agasallo, recibirán libros de lectura. 
Con esta actividade lembramos que hai que reciclar para salvar o noso planeta.
  O ALUMNADO XA PODE GOZAR DESTA EXPOSICIÓN CIRCENSE QUE ESTARÁ MONTADA ATA O ENTROIDO. 
FAMILIAS VINDE VELA.

No hay comentarios: