BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 28 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO 2.018: DÍA DE ROSALÍA

Como cada 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, a nosa poetisa máis universal.
Empezamos coa organización dunha Exposición con materiais de elaboración propia, recompilados ao longo destes últimos anos, e cunha selección da súa obra, adaptada ao noso alumnado. Non podían faltar músicas cos seus poemas.
A partir da proposta "Abride a fiestra a Rosalía" da Asociación de Escritores en Lingua Galega, seleccionamos algunhas das súas estrofas e poesías  que demos a coñecer ás aulas e que colocamos nas fiestras e portas de cristal do noso Centro para ser lidas e recitadas por toda a Comunidade Educativa.
Na porta de Infantil
Nas fiestras de Primaria
Nas porta de Primaria
Na porta do profesorado
A GOZAR DAS LECTURAS DA NOSA ROSALÍA

No hay comentarios: