BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

martes, 20 de febrero de 2018

HABÍA UNHA VEZ... UN CIRCO SEN ANIMAIS


 Os alumnos/as de 6º, empregando os recursos Abalar, investigaron sobre as razóns que aconsellan prohibir os animais no Circo. Ademais cada alumno/a encargouse de coñecer as características e o hábitat real onde deberían vivir estes animais de non ser privados de liberdade para actuar nos circos.


Coa información elaboraron un Mural.Tamén investigaron que países prohibiran as actuacións de circos con animais e, entre eles, non está España. Pero descubriron que o Parlamento de Galicia aprobou en 2.017 unha Lei de Protección Animal que inclúe a prohibición dos circos con animais e que, antes desa Lei, moitos concellos de Pontevedra xa tiñan en conta esta protección, entre eles Redondela.


No hay comentarios: