BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 13 de mayo de 2019

Día da muller

Este ano, colaborando co equipo de DLG, celebramos no cole o Día da Muller con Miriam, unha mamá dun compañero do cole, que ademais é unha mamá moi especial. Veu ao cole cargadísima de instrumentos e vivenzas que compartíu con nós. Contounos que agora é profe de música pero para poder chegar a selo tivo que pasar por moitas experienzas positivas e non tan positivas. Contounos como de pequena era a única nena do grupo de gaitas no que participaba, que cando creceu escolleu a percusión, onde casi non hai mulleres, polo que tivo que demostrar que é unha gran percusionista para facerse un oco no mundo da música. Pero como dicía a súa camiseta é unha unha "wonder woman" polo que o conseguíu. Despois de contarnos todo isto e de ensinarnos un montón de fotos chulas, tocounos os instrumentos que trouxo, dende un bombo ata unhas culleres! Para rematar, as profes se sumaron a esta celebración do Día da Muller e participaron tocando e bailando música tradicional galega. Grazas Miriam por darnos a oportunidade de celebrar este día con esta gran festa!!!

No hay comentarios: